Despois da reunión informativa que este martes 19 de marzo realizouse no centro cívico do noso barrio, sobre a problemática xurdida pola denegación das axudas ás hipotecas das vivendas de promoción pública por parte da Xunta de Galicia, achegamos as conclusións da reunión.

A Xunta está a denegar sistematicamente todas as renovacións das axudas solicitadas que con posterioridade a data da publicación do RD ou que estiveran en tramitación o 13 de xullo do 2012 (inda que foran solicitadas con anterioridade), día da publicación do Real Decreto- Lei 20/2012, “ Medidas para garantirá a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade”, facendo unha interpretación restritiva e abusiva do artigo 35, xa que en principio este artigo so se refire o plan de vivenda 2009-2012 pero deixa a posibilidade de revocar todas as renovacións entendendo que son solicitudes novas de tramitación inda que pertenzan a plans anteriores.

 

Art. 35 “Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012.A partir de la entrada en vigor de este Real Decreto-ley quedan suprimidas las ayudas de subsidiación de préstamos contenidas en el Real Decreto 2066/2008, de 12 de diciembre, por el que se regula el Plan Estatal de Vivienda y Rehabilitación 2009-2012.Así mismo no se reconocerán aquellas solicitudes que estén en tramitación y que no hayan sido objeto de concesión por parte de la Comunidad Autónoma


            Así aparecen dúas problemáticas diferenciadas entre @s veciño@s:

 

A)        Axudas solicitadas con anterioridade ao 13 de xullo pero que foron aceptadas días despois da publicación do RD, e que sen ter contestación algunha por parte da administración, non se fixeron efectivas, polo que @s veciñ@s non as están a cobrar as axudas.

B)        Axudas solicitadas con posterioridade ao 13 de xullo que son denegadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en base a este artigo. Maioritariamente do plan 2005-2008.

 

O asesor xurídico que estivo na reunión, Xoán Antón Pérez Lema, formulou  dúas propostas de actuación,

 

GRUPO A : Axudas aceptadas pero non executadas

Este grupo de xente terían que ir vía xudicial  e facer unha demanda colectiva de execución das axudas (a colectividade reduciría o custo), xa que se entende que hai un  dereito adquirido e aceptado pola Xunta, e como esta, non  presentou ningunha resolución nin explicación da non execución das axudas se consolidaría o dereito adquirido .

Un grupo de xente quedou xa para o luns 25 diante do centro cívico para axuntar toda a documentación. Nesa reunión previa á do asesor habería que traer a seguinte documentación.

a)      Resolución aceptada do expediente de solicitude das axudas

b)      O xustificante de entrega da carta certificada enviada a Madrid

c)      Unha copia da carta enviada a Madrid , ao ministerio.

 

Unha vez xuntada a toda axente afectada e con toda a documentación, se realizaría unha reunión co asesor xurídico para que explicara o proceso,as costas e todo as dúbidas que teñan @s veciñ@s.

GRUPO B: Axudas denegadas    

Este grupo de xente ten un mes xusto dende a data que se fai a resolución ( non a data de envío) onde se denegan as axudas, para presentar un recurso de alzada. De non presentar este recurso pérdese toda opción de demandar vía xudicialmente, e entendese, que  se acepta a resolución da Xunta.

Axuntamos un recurso de alzada tipo para presentar ao Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. (tamén temos copias no local da AVV que está no centro cívico e na sucursal da Caixa)

Este recurso pódese presentar no edificio de Monelos ( novos ministerios), na subdelegación do Goberno, nas oficinas de Correos… .Ten que se levar o recurso cumprimentado e axuntar unha copia do expediente de denegación ( levar 2 copias para que vos cuñen unha por si poñen problemas). Adxuntamos un recurso de alzada tipo  realizado por unha plataforma de Vigo creada por afectad@s . recurso subvención hipoteca

Unha vez realizado o tramite pasados 3 meses enténdese que existe silencio administrativo e por tanto o órgao competente denega o recurso, polo que habería que acudir a vía xudicial.

Falouse na reunión de crear unha plataforma o algún tipo de asociación para que toda aquela axente afectada do barrio poda saber como debe facer e intentar facer presión mediática. Polo que se convocará outra reunión para ir artellando as medidas a adoptar.

Así mesmo o asesor xurídico falou de facer unha demanda colectiva   por entender que existe un dereito adquirido nas axudas previo a este RD e en base ao dereito constitucional de “irretroactividade das disposicións sancionadoras, non favorables  ou restritivas dos dereitos individuais” art. 9.3 da Constitución Española, isto se prantexarán nas seguintes reunión se así o consideran @s veciñ@s.

Dende a AVV de Novomesoiro queremos mostrarnos como parte afectada e apoiaremos todas aquelas medidas adoptadas pol@s afectad@s. Para calquera cuestión pódense poñer en contacto con nós a través do correo avv@novomesoiro.com ou o noso Tl  677404029.

Los comentarios no están permitidos.