Criterios de valoración, puntuación e documentación necesaria, de acordo coa ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos para a convocatoria 2013 – 2014.

Ou porqué admiten ao meu fillo neste colexio e non neste outro (que ven sendo o mesmo)

DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html

Tal e como quedara o grupo municipal do BNG na reunión celebrada coa Xunta Directiva da Asociación de Veciños da pasada semana, achegounos, a través da concelleira María Xosé Bravo, a información relativa a admisión de alumnado nos colexios.

Asemade fixeron o cadro que a continuación aparece e que reflexa de forma moi concisa as distintas puntuacións que se reciben segundo a condición que se posúa.

Indicar, tal e como se reflicte no artigo catro da orde, que o número de prazas por unidade son 25, para o Segundo ciclo de educación infantil e educación primaria, 30 por grupo en Educación Secundaria Obrigatoria e 33 por grupo no Bacharelato (sen contar alumnado repetidor).

Tamén aclarounos sobre da obrigatoriedade da administración respecto ao transporte escolar. É obrigatorio o transporte escolar de balde para aqueles nenos que non foran admitidos ao colexio solicitado en primeira instancia sempre que fora solicitado por proximidade ao domicilio familiar.  Se a solicitude foi emitida por proximidade ao centro de traballo, aínda que non fose admitido no colexio solicitado en primeira instancia, a administración supón de oficio que igualmente o traslado do alumno corre por conta dos pais.

Captura de pantalla 2013-03-20 a la(s) 00.00.38CLICK AQUI PARA DESCARGAR “decreto admision de alumnos”

Los comentarios no están permitidos.