Cun nacemento difícil e de socato, igual que o barrio, e cun pasado recente un pouco histriónico, onde quizais as preocupación polas problemáticas do barrio quedaron ensombrecidas por intereses alleos, un grupo de persoas quixemos recoller o proxecto agonizante que languidecía cara a súa extremaunción.

Non podíamos permitírmonos o luxo de que un barrio con máis de dez mil habitantes quedase sen asociación veciñal, ou que algún partido político creara unha asociación pantasma, ao igual que fixo noutros barrios da cidade.

Sen coñecérmonos moitos, foi a través do blog do barrio, cando comezamos a manter contacto. Así, e seguindo o procedemento marcado polos estatutos da Asociación, e cando xa tiñamos falado debagar, decidimos presentármonos nunha soa candidatura que unira a diversidade, pluralidade e sensibilidades que conviven en Novo Mesoiro.

Así é esta Asociación de Veciños, cunha nova Xunta Directiva que desde que comezou o seu mandato non ten parada: Estamos traballando co distintas xestorías e co Concello nunha solución ao corredor verde entre Fragas do Eume e Ribeira Sacra, tentamos recuperar as festas do barrio, organizamos o I Memorial Iván Rocha recuperando a carreira popular celebrada no 2008, estamos organizando un campionato de futbol sala 3×3, estamos organizando unhas festas populares para final de ano, etc., e, desde logo non deixamos de preocupármonos polas demais problemáticas que existen no barrio dando caña onde haxa que dala: arranxo de beirarrúas, seguridade vial, iluminación nocturna,…

Porque non queremos casarnos con ninguén e queremos non depender economicamente de terceiros, afogados por subvencións ou concesións que nos dea unha administración. Sabemos da situación dificil pola que están a pasar moitas persoas, conveciñas e conveciños, e cremos que a mellor política económica é aqula baseada en financiármonos nós mesmos porque así sempre sabremos que a cota da nosa afiliación é o dereito a exirlle a Asociación ser independente.

A Asociación debe servir como o referente das reivindicacións da veciñanza e exercer as labores de fiscalizadora das administracións facendo seguimento puntual e pormenorizado daquelas actuacións que se realizan no barrio.

A Asociación deber ser o axente dinamizador da veciñanza; o referente onde todas e todos poidamos dirixírmonos para elevar suxestións, queixas, proxectos e mesmo parabéns, cando os houber.

A Asociación quere que a veciñanza se implique e que traballe con nós, porque unha veciñanza que se coida mutuamente é unha veciñanza moito máis responsábel e madura.

A Asociación pretende que o barrio de Novo Mesoiro sexa exemplo de que se pode se duro cos políticos que non son quen de facer o que prometen á vez de ser un interlocutor das políticas positivas e que redundan no conxunto das e dos veciños.

A Asociación soña con que Novo Mesoiro sexa o barrio de referencia no futuro na Coruña. Non por nós, xa que ao fin e ao cabo, ninguén era de aquí e todas e todos viñemos para crear unha familia. Será para as nosas fillas e fillos xa que logo, non pretendemos deixarlles o barrio mellor que como nolo deron a nós as construtoras e algunha xestorías?.

Eis a Asociación de Veciños, onde queres estar,… ouh!, aínda non estás afiliado?

Una Respuesta a “Asociación de Veciños de Novo Mesoiro; que queremos de ti?”
  1. avatar tupay dice:

    Tendes os meu apoio e seguramente que o de moita xente que ainda que non o exprese aqui no blog unhas veces por deixadez outras por comodidade estou seguro que todos nos sentimos orgullosos do traballo que estades a levar a cabo, por o ben da Urbanizacion e en definitiva de todos nos porque de nos depende o que lle poidamos deixar a os nosos cativos o dia de mañan.
    E desde logo que estades a facer un monton de cousas desde que collestedes as riendas da Avv pero non debedes de desanimaros porque cando collechedes iso . me imagino que xa contabades que non iba a ser nada doado nin vos iban a rigalar nada pero ainda asi botastelle peito e seguichedes a diante pero non vos tendes que descoidar moito porque loitar contra os politicos e coma meterse nun rio cheo de cocodrilos con unha navalla suiza coma unica defensa.
    E as cousas xa iran saindo pero casi nunca tan axiña coma nos quixeramos pero ay un dito popular non se pode calzar un zapato mais grande cos pes.
    E unha cosa entre todos PODEMOS.
    Contade conmigo para o que vos falla falta e perdonade por o meu galego que e de taberna de barrio.
    Un saudo tupay.

  2.