Este venres 16 de Outubro no Centro Cívico de Feáns iniciarase o programa “Preescolar na Casa” que nos ofrece a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística. Este é un programa de formación de pais en educación infantil.

 

 

 

 

Ofrece ás familias:

*POSIBILIDADE DE DESCUBRIR E PROFUNDIZAR NO DESENVOLVEMENTO DOS NENOS E DAS NENAS, PARA COMPRENDELOS MELLOR E TERR ACTUACIÓNS MÁIS AXEITADAS.

*A POSIBILIDADE DE ENCONTRO CON OUTRAS FAMILIAS.

*A POSIBILIDADE DE ENCONTRO DOS FILLOS CON OUTROS NENOS E ADULTOS.

 

Para máis información podes acudir por alí ese día ou consultar a web: www.preescolarnacasa.org , tamén podedes chamar ó teléfono 982 216 001.

En principio os días que están previstos para o desenrolo do programa son o 16 de Outubro o 6 de Novembro e o 11 de Decembro. Se se rematan as obras do Centro Cívico de Novo Mesoiro, o ano que ven o programa o facerían nesta instalación.

2 Respuestas a “O programa “Preescolar na Casa” chega a Novo Mesoiro”
  1. avatar Yolanda dice:

    Ola, hoxe fun a prescolar na casa, co meu terceiro neno, coas dúas maiores xa fora tamén, e eso que tiña que ir ó centro cívico de Labañou.
    Paréceme moi interesante xa que aprendemos a estimular ós nosos nenos, a xogar con eles, …falamos de cousas que nos preocupan, …

    A verdade é que só estabamos 2 nais con 2 nenos, e xa sabemos todos os nenos que hai no barrio…

    Eu invítovos a que vos acerquedes, os nenos poden ser de 0 a 3 anos e a hora é as 10:30 (non estaba na nova de blog).

    Saúdos e bó traballo do blog, sígoo habitualmente.

  2. avatar Belén dice:

    Seguramente estan muy bien esos programas, y claro que hay muchos mas niños en el barrio, pero pasa lo de siempre: EL HORARIO. Quien esta en casa a las 10:30 de la mañana? Seguro que pocos, la mayoria trabajamos los dos y los niños estan en la guarderia. Deberían plantearse estas cosas en otros horarios.

  3.