O sábado 9 de maio ás 11.00 horas no Novo Mesoiro (rúa Os Ancares) arrancará o programa ‘O galego medra contigo’, e percorrerá 6 espazos da cidade os sábados, ate o 13 de xuño.

 

As actividades están dirixidas a toda a familia e todas serán de balde.

 

O programa inclúe dende unha carpa para celebrar que ‘O galego está de festa’ e que visitará os distintos barrios da cidade, até concertos, conferencias, sorteos de libros en lingua galega, teatro, presentacións de libros…

 

Organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística, o seu obxectivo céntrase en chegar aos máis pequenos nos que “tamén está o futuro do noso idioma”e busca conmemorar que temos “unha lingua viva, culta e con futuro”.

Tedes información nos comercios do barrio.

4 Respuestas a “O sábado 9 de maio ás 11.00 horas no Novo Mesoiro (rúa Os Ancares) arrancará o programa ‘O galego medra contigo’”
  1. avatar Mesoiro Press dice:

    Viches Irene o Administrador fíxote caso e escribiu a nova en Galego. Para que vexas que o importante para nós non é o idioma no que intentamos transmitir as cousas, o verdadeiramente relevante son as cousas que FACEMOS polo Barrio.

  2. avatar Io dice:

    O triste é que sexa noticia que se faga de cando en vez en galego…

  3. avatar Administrador dice:

    O triste e que un este a traballar de balde para informar ós demais e a xente se limite a discutir polo idioma, cando este administrador xa publicou unha chea de novas en galego.

    Nos menús da parte de arriba do blog hai un apartado que pon colabora, o que queira pode pulsar nel, cubrir o formulario e pasar a ser colaborador e escribir en galego ou en castelán según lle pete.

    Por favor, disfrutade das actividades, deixade que os nenos disfruten delas e disfrutade da vida no idioma que queirades.

    Niguen pregunta pola idade das actividades, ou polos contidos, nin nada constructivo ou informativo, o único que se vos ocurre e discutir e poñer atrancos, e que conste que o digo tanto polos castelanistas como polos galegistas.

  4. avatar Io dice:

    No pretendía causar el más mínimo conflicto, sólo intentaba hacer ver…que el uso del gallego en nuestra ciudad es ridículo en cuanto a su uso. El hecho de tener que justificar el haberlo escrito o no así lo demuestra, a mi entender.
    Sólo pretendía discrepar con los que tiemblan cada vez que se nombra nuestra lengua.

    Es por ello que os pido disculpas, lo digo de corazón, puesto que yo también, al volver a leer mi contestación interpreto una cierta falta de respeto. O dito, miñas desculpas a quen se sinte ofendido.

    E por outra parte, parabens a todos os que facedes este traballo. Gracias a vos o barrio está vivo e camiña cara adiante.
    Unha aperta.

  5.