As pandereteiras de Ardebullo, Mucha e Nucha, son as convidadas esta noite a saborear os pratos que o cociñeiro André Arzúa elaborará na casa dun galego anónimo. Coas dúas irmás a diversión está asegurada.

Un xoves máis, ‘Comando Chef’ achegaranos á improvisada cea que o cociñeiro André Arzúa elaborou cos ingredientes que atopou na despensa e na neveira dun galego anónimo. Ao igual que nos anteriores programas, o anfitrión foi sorprendido coa visita dun famoso. Neste caso trátase de dúas famosas irmás, as entrañables Mucha (Xosé A. Touriñán) e Nucha (Marcos Pereiro), pandereteiras de Ardebullo, que cada venres nos fan partícipes das súas anecdóticas vivencias, no programa da Televisión de Galicia Luar.

A experiencia, que de seguro non deixou indiferente ao dono da casa á que chegaron de improviso, supuxo tamén para Mucha unha cita moi agradable, xa que ‘nos recibiu unha moza moi alegre e moi simpática que nos ofreceu todo o que tiña’, explica a invitada; ao que engade: ‘Penso que xa nos deixaba quedar a vivir con ela’. Porén, a muller asegura que ‘estaba moito máis nerviosa que cando teño que sair no Luar; parecía que a sorpresa estaba preparada para nós’. E non é de extrañar esta afirmación, xa que as irmás foron recollidas coma dúas verdadeiras raíñas na casa da súa nai, a Conexa, nun ‘espectacular hummer’, segundo Nucha, ou como di Mucha nun ‘coche moi grande’.

En canto a Nucha, o que máis lle gustou foi ‘poder ir á Coruña a cear, ou mellor dito, a Novo Mesoiro, que é unha cidade tremenda, na que eu nunca tivera a oportunidade de estar’. A pericia do cociñeiro tampouco deixou indiferente ás irmás que quedaron asombradas ao ver como ‘cunhas latiñas de bonito e sardiñas foi capaz de facer uns pratos con tan boa pin ta e tan sabedores’, apunta Mucha.

Pola súa banda, Nucha, ademais de alabar a capacidade do experimentado cociñeiro, quen ‘de seguro estudiou na universidade, por iso é así de apañado entre os fogóns’, tamén destacou que o mozo ‘estaba de moi bo ver e sería ideal para petiscar, así como o ‘maître’, delicioso para o postre’. Preguntada pola súa habilidade na cociña, Nucha asegura que ela non sería quen de argallar tales platos, pero si que ‘faría unha boa pota de callos con unha das miñas irmás’.

Está claro que Mucha e Nucha pasárono en grande e que xa teñen bastante para contar na súa aldea, Ardebullo. Esta noite teremos a oportunidade de ver se esta velada foi igual de agradable para a anfitriona e se, como decía Mucha, tería ganas de que as pandereteiras quedaran a vivir con ela.

‘Comando Chef’, que está a acadar un gran éxito na Televisión de Galicia, convida a todos os telespectadores a tomar boa nota das receitas dos menús que elaboran.

Noticia del diario La Región
Una Respuesta a “Mucha e Nucha, pandereteiras de Ardebullo, degustan hoxe a comida do ‘Comando Chef’ en Novo Mesoiro”
  1. avatar NATALIA FERNANDEZ dice:

    HOLA :

    SOY NATALIA LA SORPRENDIDA POR COMANDO CHEF, EN LA QUE VINIERON A CENAR NUCHA E MUCHA, LA VERDAD SON UN ENCANTO, NO PARAS DE REIRTE, LO PASAMOS GENIAL, SIN DUDA FUE UN DIA INOLVIDABLE PARA RECORDAR Y UNA ANECDOTA MÁS PARA CONTAR.
    PARA MI FUE UNA GRAN SORPRESA Y COMO NO MI JEFE ESTABA DETRAS DE TODO.
    POR CIERTO LA CENA EXQUISITA.
    BUENO ALGO NERVIOSA SI QUE ME PUSE PERO CON LOS PROFESIONALES QUE HABIA A MI ALREDEDOR, EN POCO TIEMPO SUPIERON TRANQUILIZARME.
    QUISIERA DAR LAS GRACIAS AL PROGRAMA Y A TODO EL EQUIPO POR HABERME ELEGIDO, Y CONTAR CONTIGO ,

    UN SALUDO,

    NATALIA FERNÁNDEZ ( NATALIAFB100@HOTMAIL.COM)

  2.