Ante a insistencia de moitas familias do barrio de Novo Mesoiro solicitando desta Concellaría un cambio no horario de actividades do taller VIVIMOS XUNTOS, XOGAMOS XUNTOS, comunicamos a todas e todos os veciños que este sábado 31 de xaneiro será o último ( que non derradeiro ) no que as actividades se desenvolverán en horario de 16:00 a 20:00 horas. A partir do 7 de febreiro pasarán a celebrarse en horario de 10:00 a 14:00 horas, dándolle un pulo especial aos obradoiros creativos. A maiores disto, estamos xa pechando unha gran xornada de luns de entroido con premios, concursos, sorteos, lambotadas, etc……

 

Do administrador: No blog poñeremos o cartaz co novo horario.       

Los comentarios no están permitidos.