A nosa mecedora encantada

Sesión de contos ás seis e media da tarde na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.

Na Mecedora Encantada contamos historias… para gozar en compañía doutras persoas, para entender o mundo, para comprendernos a nós mesmos e aos demais, para aprender a dar nome ao que nos pasa, aos nosos sentimentos e ás nosas emocións. E tamén… para saborear convosco os mellores contos da biblioteca. Por iso convidámosvos a participar nos nosos encontros quincenais nos que descubriremos xuntos historias para escoitar, mirar, ler e compartir.

Na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, os mércores cada 15 días, os nenos e nenas de 3 a 7 anos poderán compartir coas bibliotecarias trinta minutos de contos estrafalarios, bilingües, exóticos e poéticos. Os pais tamén están invitados, para redescubrir cos seus fillos os contos de toda a vida, actualizar o repertorio cos que xorden actualmente e demostrar as habilidades nos talleres que adoitamos realizar a continuación. Para esta actividade non cómpre invitación previ

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil
Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Teléf.: 981 184 388 Extensión: 16085 (mostrador) – Fax: 981 184 385 – binfantil@coruna.es

 

 

Los comentarios no están permitidos.