Contos contados con Lingua de Signos Española na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano ás 18.30 h.

 

Na sala infantil da Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano ás 18.30 horas: Perdido y encontrado de Oliver Jeffers.

Programa de animación á lectura realizado coa colaboración da FAPXG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia), e que forma parte do SACX (Servizo de Atención ás Persoas Xordas) da Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. O Signacontos proponnos un achegamento divertido á Lingua de Signos Española mediante narracións nas que participan, como contistas, persoas xordas. É unha actividade deseñada para todos os nenos e nenas de 3 a 11 anos que non require invitación previa. Realízase os martes sinalados de outubro a maio ás 18.30 h na Sala Infantil da Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano.

Los comentarios no están permitidos.