Coa sección CGAI júnior regresamos á programación mensual dedicada aos máis pequenos. Desde os meses de xaneiro a maio ofrécense títulos variados que percorren diferentes etapas, autores, estilos e xéneros da historia do cine permitíndolles aos máis pequenos asomarse a un universo novo cheo de experiencias enriquecedoras.
A sesión deste mes, Kirikú y las brujas (1998) de Michel Ocelot, recoméndase para nenos a partir de 4 anos aos que se lles entregará unha ficha didáctica. Os rapaces deberán ir acompañados dun adulto. A película preséntase na súa versión castelá. A entrada é gratuíta.

KIRIKÚ Y LAS BRUJAS / KIRIKOU ET LA SORCIÈRE
(Francia-Bélxica-Luxemburgo, 1998)
Dirección e guión: Michel Ocelot. Produción: Exposure Model and Talent Agency, Trans Europe Film, Studio O, Monipoly, Odec Kid Cartoons, Les Armateurs, France 3 Cinéma e RTBF. Duración: 74 minutos.
Kirikú é un cativo que sabe exactamente o que quere incluso antes de nacer. Independente, xeneroso e valente, naceu nun poboado africano sobre o que a terrible bruxa Karabá estendeu un maleficio: non hai flores nin auga. O valente Kirikú emprenderá unha viaxe chea de perigos para atopar a salvación da súa xente. Primeira entrega de Kirikú que obtén o gran premio no festival de Annecy 1999 e varios millóns de espectadores en todo o mundo. Ocelot inspírase nun conto de iniciación africano da Costa de Marfil cun discurso elocuente. Película debuxada en Riga (Letonia) por un equipo de animación composto totalmente por mulleres e baixo a inspiración da arte africana negra e egipcia.

Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia – España
Teléfonos
Fax.(34) 881 881 271

 

2 Respuestas a “CGAI Júnior. A Filmoteca para os máis novos.Sabado 17 as 18:00 horas.Entrada Gratuita.”
  1. avatar Marta dice:

    Pienso que en el CGAI algo si que hai que pagar…

  2. avatar Axencia Magnum dice:

    En este caso no Marta, es un programa de Enero a Mayo donde proyectan una pelicula al mes de forma gratuita, mira aqui: http://www.cgai.org/index.php?seccion=programacion.php&id_ciclo=289
    El tema es llegar pronto antes de que se llene el aforo, las puertas se abren 15 minutos antes de cada función.
    Un saludo.

  3.