A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística organiza no primeiro trimestre de 2009 e en colaboración co Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa e a CRTVG, un ciclo de cine dirixido aos máis pequenos da casa.

Todos os sábados de xaneiro, febreiro e marzo, a partir das 18 horas, proxectarase unha película de temática infantil na sede do MACUF da Coruña. A concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, sinalou que a actividade ten por obxectivo ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante as fins de semana.

A edil explicou que a concellaría trata así de dar resposta a unha demanda reiterada dende as familias e os colectivos de ensino. “Intentamos ofrecer unha programación que incorpore títulos máis tradicionais, como Astérix ou Tintín, con outros de nova creación como As Super Nenas”.

Descarga o dosier: aqui

2 Respuestas a “Normalización Lingüística programa un ciclo de cine infantil en galego”
  1. avatar Ana dice:

    Para los que tenemos niños pequeños estas cosas están muy bien. Además para paliar la crisis, está muy bien que sea gratis.Gracias por tenernos informados

  2. avatar Administrador dice:

    Se habló de hacerlo en su día en el propio barrio, pero como no tenemos ni un triste local al final se lo han llevado a otro sitio, pero la verdad es que está bien que hagan todo tipo de cosas.

    La oferta para niños estas navidades la verdad es que fué muy amplia en toda la ciudad.

  3.