As conversas mantidas hai tempo entre os representantes da AVV e do BNG, van dando os seus froitos, e neste caso é a Concellería de Igualdade e Participación a que está a montar un taller de nadal para os nenos maoires de tres anos do barrio de Novo Mesoiro.

No colexio público de Feans, dado que non temos espazo propio no barrio, están a montar inchables e actividades para que os nosos rapaces poidan disfrutar delas entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro, toda-las tardes en horario de 16 a 20 horas, agás os días 25, 1, e 6 de xaneiro que estará pechado.

As actividades estarán organizadas por monitores da empresa vitae animación e prometen ser moi divertidas para tod@s os rapaces que se acheguen por alí. As inscripcións poden facerse alí o mesmo día e son totalmente gratuitas.

cartaz da actividade vivimos xuntos xogamos xuntos

cartaz da actividade vivimos xuntos xogamos xuntos

¿E qué pasa co resto? ¿Cos mais pequenos e cos pais e nais? Pois non vos preocupedes que para todos está pensada unha gran festa do nadal tamen no colexio, con entrada aberta, visita dos reis magos, conta contos, merenda e chiculate con churros, música, larpeiradas, sorteo de agasallos, todo organizado polo concello, a asociación de veciños e coa participación do IMCE e numerosos comercios do barrio, pero isto será obxeto de outra nova enteira que estamos preparando.
Tedes no cartel un adianto:
Cartaz da festa do día 26

Cartaz da festa do día 26

Una Respuesta a “Os nenos de Novo Mesoiro terán actividades de Nadal grazas a “Vivimos Xunt@s, Xogamos Xunt@s””
  1. avatar María de la Oz dice:

    Bravo!!! Bravo!!! estas si que son buenas noticias, podré dejar al niño por las tardes divirtiéndose y no tenerlo en casa metido sin saber que hacer.

  2.