O centro edificarase nunha extensión de terreo de 4.000 metros cadrados cedida gratuitamente polo Concello da Coruña.

Neste centro poderán realizarse intervencións de cirurxía menor ambulatoria, teledermatoloxía, e desenvolverase o Programa de Atención Integral á Saúde da Muller

Con esta nova instalación, serán 14 os centros de saúde da rede sanitaria pública galega que estarán á disposición dos veciños da cidade da Coruña O Servizo Galego de Saúde construirá un centro de saúde no Polígono de Mesoiro, logo de que o Concello da Coruña cedera gratuitamente á Consellería de Sanidade unha parcela de 4.000 metros cadrados, que delimita ao sur coa rúa Os Ancares e ao leste coa rúa Laxe.

Imaxe infográfica do futuro centro de saude

Imaxe infográfica do futuro centro de saude

O Consello da Xunta autorizou o acordo para a aceptación da cesión desta parcela. O orzamento de licitación para esta nova instalación da rede sanitaria pública galega supera os 1,5 millóns de euros, para unha superficie total construída de máis de 1.400 metros cadrados. No programa funcional do centro, que atenderá a unha poboación de ao redor de 12.000 persoas, constan, ademais das zonas administrativas, sete consultas de medicina xeral, oito de enfermaría, dúas de pediatría, unha de enfermaría pediátrica, unha sala polivalente, unha sala de curas e outra para toma de mostras. Este centro de saúde disporá de sala de técnicas, o que implica que nel se desenvolverá cirurxía menor ambulatoria, teledermatoloxía, e o Programa de Atención Integral á Saúde da Muller.

 A construción deste centro de saúde, ademais de dar servizo a unha poboación nova, permitirá desconxestionar os centros de saúde do Ventorrillo e Elviña. Con esta nova instalación, serán 14 os centros de saúde da rede sanitaria pública galega que estarán á disposición dos veciños do concello da Coruña.

Los comentarios no están permitidos.