O proxecto Ves xogar? busca ofertar de xeito totalmente gratuito un espazo de xogo para os sábados pola mañá (11.00h a 13.00h) no que poder disfrutar de espectáculos de monicreques, xogar cos protagonistas da serie Os Bolechas, ir de excursión, facer manualidades, xogar coa música, coa ciencia, etc, ademais de achegar a lingua galega aos nenos e nenas a través de eidos distintos ao da escola, no tempo libre, a través do xogo.

Ofértanse 60 prazas repartidas entre os dous grupos que desenvolverán as súas actividades no Centro Cívico de Feans e no Centro Cívico de San Pedro de Visma respectivamente.

Esta tarde abrirá a caseta de asociación por se algún pequeno todavía se quere apuntar. Admitiránse tamen ós de 5 anos.

 

Los comentarios no están permitidos.