Tras el éxito del día en que vino el autobús de donaciones de sangre al barrio, Antonio Carcedo, que es Coordinador de Campañas de Doazón de Sangue del Centro de Transfusión de Galicia nos envía la siguiente carta para los vecinos de Novo Mesoiro:

No nome do Centro de Transfusión de Galicia desexo expresarlle o noso agradecemento pola colaboración no desenvolvemento das campañas de doazón de sangue no Bº Novo Mesoiro. O pasado, sábado 11 de outubro, producíronse 18 doazóns de sangue, ademais 3 das doazóns as fixeron veciños que por primeira vez se achegaban a unidade de doazón, ademais destas doazóns acadadas presentáronse outros dous veciños que non puideron doar.

Estes datos resultan especialmente significativos, xa que un dos obxectivos do CTG pasa por amplia-la base de doadores de Galicia, de xeito que se podan cubrir tódalas necesidades diarias de sangue dos hospitais galegos, e ademais, unha base de doadores o suficientemente ampla garante a resolución das posibles situacións de emerxencia. Un novo lugar de doazón no que atopamos a colaboración necesaria para levar a cabo campañas de doazón de sangue.

Grazas á solidariedade dos veciños de Novo Mesoiro será posible realizar, por exemplo, 9 intervencións cirúrxicas ou 1 transplante de fígado, e obterse 4 litros de plasma utilizable en tratamentos de grandes queimados ou enfermidades crónicas.

Queremos reiterarlle o noso agradecemento e pedirlle que o faga extensivo ás persoas que teñen colaborado no desenvolvemento das campañas, e por suposto aos homes e mulleres que doaron sangue no Novo Mesoiro.

Saúdos cordiais,

 Asdo. Antonio Carcedo Calvo
Coordinador de Campañas de Doazón de Sangue
Centro de Transfusión de Galicia

Una Respuesta a “Carta de agradecimiento al barrio del Centro de Trasfusiones de Galicia”
  1. avatar El_Virus dice:

    Para que digan que este barrio no tiene conciencia social.

  2.